Nesta imaxen pódese ver a uns alumnos de 1ºB do IES Salvaterra de Miño, participando na recollida de basura, que se realizou no horario de clases de Ciencias da Natureza.
Benvidos a este novo blog!!

A finalidade de crear esta nova páxina web, é mostrarvos o estado no que está o patio,e que se axudamos todos, podemos conseguir un lugar limpo e decente para todos nós.
Por iso esperamos que cando vexades este blog cambiedes radicalmente a vosa maneira de verter lixo, porque as cantidades actuais de residuos que se atopan no noso lugar de recreo son inaceptables; hai moreas de plásticos que proveñen de envoltorios de caramelo, chicles, aperitivos...
Por iso vos pedimos a vosa colaboración, xa que se cada un de nós pon o seu pequeno gran de area, (usando envoltorios de papel, traendo a merenda da casa en lugar de comprar o bocadillo na cafetería porque os envoltorios que veñen con esa merenda case sempre acaban polo chan, e tamén se deben usar as papeleiras colocadas!!).Se facemos todas ou algunha desas cousas, conseguiremos reducir notablemente a contaminación no centro. Por último esperamos que vos guste o contido deste blog.